portada30

Día internacional da paz. 21 de setembro 2015

O alumnado da ESO e do bacharelato do Sar participou no concurso promovido pola Vicedirección do Centro cib do día Internacional da Paz, realizando fermosas imaxes representativas sobre esta temática. Ver a ligazón correspondente na galería flickr (clic).

Visita ás estacións Depuradora e Potabilizadora de auga de Santiago

Visita ás estacións Depuradora de augas residuais de Aríns e Potabilizadora de auga potable do Tambre de Santiago o vindeiro  luns 11 de abril de 2016, de 9:00 a 12:40 h. Nesta actividade participarán os grupos de 3º ESO, 4º ESO (só alumnado de Bioloxía e Xeoloxía) e Diver II, e 2º Bacharelato de Ciencias (só alumnado de Bioloxía e CTMA). Estarán acompañados polos profesores Leopoldo Bahillo Varela e Pablo Gómez Segade . Está organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Conferencia informativa sobre Escolas Superiores.

Conferencia informativa sobre Escolas: Superiores (Mestre Mateo (Santiago), Pablo Picasso (Coruña), Restauración (Pontevedra) e Arte Dramático (Vigo).

Data e hora: Venres 8 de abril de 10:50 a 12:30h     Lugar: Salón de Actos.

Grupos: 1º A Bach, 1º B Bach, 2º A Bach  e  2º B Bach.

Departamentos: Debuxo e Orientación.

Querote+

Durante uns días os alumnos de 3º ESO participarán en conferencias e actividades do programa Querote+ organizadas polo departamento de Orientación. O lugar será a sua aula e o horario previsto será:

  • Martes 29 de marzo de 12:50 a 14:30 h  
  • Xóxes 31 de marzo de 1250 a 13:30  
  • Venres 1 de abril de 12:50 a 14:30

 

2º Concurso fotográfico promovido pola ANPA do IES de Sar. 2016

Tema: BARRIO: "Olladas ao lugar onde vivo".

Cartel anunciador do concurso .

 

Bases do concurso aquí

ÁNIMO E SO SORTE AOS PARTICIPANTES.

Excursión a Amsterdam. 2016

Excursión a Amsterdam, do 29 de marzo ao 3 de abril de 2016. (permiso cedido para a páxina web do centro).

Departamento de Relixión. Profesora acompañante: Sofía Balseiro Álvarez. Alumnado asistente: Alumnado de Relixión dos cursos de 4º ESO, 1º Bacharelato e 2º de Bacharelato.

O premer sobre a imaxe podes atopala no tamaño orixinal

 

Proceso de admisión a centros públicos. Instruccións e normativa vixente para o curso 2016-2017

Proceso de admisión a centros públicos. Instruccións e normativa vixente para o curso 2016-2017

- Proceso de admisión (clic).

- Proceso de admisión, prazas, prazos e condicións, segundo o Decreto 254/2012, do 13 de decembro, e posterior lexislación sobre este tema da Xunta de Galicia (clic).

- Precisións sobre a admisión aos centros públicos especificadas da Xefatura territorial da Delegación da Coruña (clic).

Concerto de Jazz. 4 marzo 2016.

Concerto de Jazz. Lugar: Auditorio de Galicia en Santiago. Data e hora: Venres, 4 de marzo, de 11:30 a 13:30 h. Grupos: 1º Bacharelato (alumn@s de música), 4º ESO (alumn@s de música), 2º ESO, Diver II.

Departamento de Música. Profesora acompañante: María Giménez.

Conferencia a cargo da Policía Nacional.

O vindeiro 29 de febreiro de 10:50 a 12:30 h,  os alumnos e alumnas de 1º ESO asistirán a unha conferencia sobre "Novas Tecnoloxías" impartida pola Policia Nacional. Esta actividade está organizada polo departamento de Orientación

 

Conferencia "Para que serve a Economía". 25 de febreiro de 2016.

Conferencia "Para que serve a Economía". Conferenciante: Xosé Antón Rodríguez, profesor da USC. 

Lugar: Salón de actos. Data e hora: Xoves 25 de febreiro, de 10:50 a 11:40 h. Grupos: 1º D e 1º C de Bacharelato, 2º D de bacharelato, e 4º A ESO.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer