Calendario para a reserva e admisión do alumnado para o próximo curso 17/18.
O marco normativo:
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
O Dpto de Física e Química do noso instituto participa neste curso 2016/17 no Proxecto KIKS (Kids Inspire Kids for STEAM)
Participan dous equipos
O proxecto consiste en medir a concentración de dioxido de carbono que hai na Coca-Cola. O equipo colabora co equipo 4 do IES Sanchez Canton en Pontevedra. Este equipo traballará na parte experimental do proxecto e os seus homólogos de Pontevedra na parte matemática.
O proxecto consiste en medir a concentración de dioxido de carbono que hai na Coca-Cola. O equipo colabora co equipo 4 do IES Sanchez Canton en Pontevedra. Este equipo traballará na parte experimental do proxecto e os seus homólogos de Pontevedra na parte matemática.
Para máis información premer aquí
O xoves 19 de Xaneiro de 10:30 a 12:30 horas os alumnos e alumnas de Música irán ao Auditorio a un concerto da Real Filharmonía de Galicia. Dita actividade está organizada polo departamento de Música
O martes 20 decembro de 9:30 a 12:30 horas, o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO e o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º Bacharelato C participarán no barrio de Sar na actividade de recollida e análise das augas das fontes de Sar, actividade dentro de¡o Proxecto Natura "A potabilidade das augas das fontes do barrio de Sar".
Segundo o Calendario Escolar para o curso 2016/2017 nos centros docentes públicos, aprobado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitara, as vacacións de Nadal abranguerán do 22 de decembro 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017,ámbolos dóus inclusive
O mércores 21 de decembro ás 12:10 h rematarán as clases e a entrega de boletíns será de 12:10 a 12:30 horas.
A recollida de autobuses é as 12:50 horas
O noso alumno David Esparís García resultou gañador do Certame de Relato Breve de Terror organizado pola biblioteca municipal Anxel Casal de Santiago de Compostela. Parabéns a David polo seu premio e pola súa paixón de lector e de narrador.
O vindeiro 20 de dedembro do 2016 o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato irán a Vigo a visitar a exposición Soldados de Terracota (Guerreros de Xian). Sairán ás 9:00 e voltarán as 14:30 horas.
Dita actividade está organizada polos departamentos de Relixión, Debuxo Técnico e Tecnoloxía
O vindeiro martes 13 de decembro do 2016 ás 18:40 horas, haberá un Consello Escolar no salón de actos do Instituto.
Para consultar a convocatoria premer aquí
A xunta electoral do IES de Sar reunida en Santiago de Compostela o día 29 de novembro de 2016, proclama que nas eleccións ao Consello Escolar deste IES resultaron electos os seguintes candidatos:
Candidatos sector Pai/Nais:
Candidatos sector Alumnado:
Candidatos sector Persoal Docente:
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer