portada30

Concerto didáctico Gallaecia Big Band

O alumnado de música de 4º ESO e 1º Bacharelato asistirán o vindeiro mércores 15 de febreiro ó Auditorio de Galicia para asistir a un concerto didáctico "Gallaecia Big Band". Sairán ás 9:30 horas e voltarán ás 11:30 horas. 

Previamente o martes 14 de febreiro no Salón de Actos do instituto asistirán de 11:40 a 12:30 horas á explicación didáctica do concerto.

Consello Escolar

O martes 31 de xaneiro de 2017 as 12:30 horas  haberá unha reunión extraordinaria do Consello Escolar no Salón de Actos do instituto.

Para consultar a convocatoria premer aquí

Reserva e admisión do alumnado

Calendario para a reserva e admisión do alumnado para o próximo curso 17/18.

marco normativo:

  • DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Para ampliar a imaxe premer sobre ela

KIKS "Kids Inspire Kids for STEM

Dpto de Física e Química do noso instituto participa neste curso 2016/17 no Proxecto KIKS (Kids Inspire Kids for STEAM)

Participan dous equipos

 

  • Equipo 1: Alejo, Cristina, Daniel, Jairo e Paula

O proxecto consiste en medir a concentración de dioxido de carbono que hai na Coca-Cola. O equipo colabora co equipo 4 do IES Sanchez Canton en Pontevedra. Este equipo traballará na parte experimental do proxecto e os seus homólogos de Pontevedra na parte matemática.

 

  • Equipo 2: Alberto, Anxo, César, Janeth e Mohamad

O proxecto consiste en medir a concentración de dioxido de carbono que hai na Coca-Cola. O equipo colabora co equipo 4 do IES Sanchez Canton en Pontevedra. Este equipo traballará na parte experimental do proxecto e os seus homólogos de Pontevedra na parte matemática.

Para máis información premer aquí

 

 

Concerto da Real Filharmonía de Galicia

O xoves 19 de Xaneiro de 10:30 a 12:30 horas os alumnos e alumnas de Música irán ao Auditorio a un concerto da Real Filharmonía de Galicia. Dita actividade está organizada polo departamento de Música

Fotos exposición "Soldados de Terracota"

Exposición Soldados de Terracota

Proxecto Voz Natura

O martes 20 decembro de 9:30 a 12:30 horas, o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO e o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º Bacharelato C participarán no barrio de Sar na actividade de recollida e análise das augas das fontes de Sar, actividade dentro de¡o Proxecto Natura "A potabilidade das augas das fontes do barrio de Sar".

Vacacións de Nadal

Segundo o Calendario Escolar para o curso 2016/2017 nos centros docentes públicos, aprobado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitara, as vacacións de Nadal abranguerán do 22 de decembro 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017,ámbolos dóus inclusive

O mércores 21 de decembro ás 12:10 h rematarán as clases e a entrega de boletíns  será de 12:10 a 12:30 horas.

A recollida de autobuses é as 12:50 horas

Concurso Relatos de Terror

O noso alumno David Esparís García resultou gañador do Certame de Relato Breve de Terror organizado pola biblioteca municipal Anxel Casal de Santiago de Compostela. Parabéns a David polo seu premio e pola súa paixón de lector e de narrador.

Exposición "Soldados de Terracota"

O vindeiro 20 de dedembro do 2016 o alumnado de 4º ESO e  1º Bacharelato irán a Vigo a visitar a exposición Soldados de Terracota (Guerreros de Xian). Sairán ás 9:00 e voltarán as 14:30 horas.

Dita actividade está organizada polos departamentos de Relixión, Debuxo Técnico e Tecnoloxía 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer