portada30

Falece o escritor Xosé Neira Vilas. 27 de novembro de 2015

O escritor galego Xosé Neira Vilas faleceu este venres aos 87 anos. Xosé Neira Vilas naceu en Gres, Pontevedra, en 1928. 

Xosé Neira Vilas era membro numerario da Real Academia Galega  (RAG), Doutor Honoris Causas polas Universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces, localidade na que residía. Autor dun dos maiores éxitos da literatura galega, 'Memorias dun neno labrego', entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o Premio Trasalba, o Premio da Crítica Española (novela en galego) ou o Premio da Crítica Galega (ensaio).

Nos somos tamén NEIRA VILAS

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer