Data e hora: 11 de novembro, mércores. Saise ás 9:30 h para regresar ás 14:30 h.
Alumnado participante: Primeiro e segundo da ESO. Profesorado participante do Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía: Carmen Quintanilla Louzao, Pablo Gómez Segade.
Obxectivos didácticos da visita:
> Achegar a natureza aos alumn@s participantes, moitos deles totalmente axenos ao campo e actividades agrícola-gandeiras.
> Coñecer as principais liñas de investigación do centro de Sergude.
> Coñecer os estudos que habilitaan para adquirir coñecementos nas técnicas agrícola-gandeiras.
> Fomentar o respecto polo medio ambiente así como dos usos sostibles das explotacións agrícolas e forestais.
> Coñecer as ideas máis básicas sobre productos fitosanitarios: os perigos que conlevan e as precaucións no uso dos que están permitidos pola lexislación actual.
> Coñecer as técnicas de cultivo que evitan a erosión do solo.
> Fomentar o cultivo das especies forestais autóctonas e as técnicas sobre unha producción forestal productiva e sostible medioambientalmente: concepto de ecoetiqueta.
> Achegamento aos animais tanto nos establos como no hábital natural do monte.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer