Tedes dispoñible na galería de imaxes as fotos da exposición de traballos realizados polo alumnado de 1º de Bacharelato sobre algúns dos autores españois do Século de Oro, que está instalada na biblioteca do centro.
O pasado 23 de abril, coincidindo co Día do Libro, realizouse un intercambio de libros no recreo.
Que é poesía? Que relación ten coa música?
Que mellor maneira de aprendelo que facendo un obradoiro. E neste caso, un obradoiro de brindos a cargo da profesora e dinamizadora Sara Marchena, do colectivo Erre que Erre, que trata de visibilizar a literatura popular de transmisión oral, concretamente a “regueifa” ou, mellor dito, o “brindo”, que é como se coñece na montaña do sur de Lugo e na de Ourense.
As persoas que obtivesen o título de educación secundaria obrigatoria nos cursos académicos 2021/22 e 2022/23 tendo participado no programa E-Dixgal nun mínimo de tres cursos académicos poderán solicitar a acreditación das competencias dixitais no centro no que rematase cuarto de educación secundaria obrigatoria.