En relación coa admisión de novo alumnado, xa está publicada no taboleiro de edictos do centro a listaxe definitiva de admisión de alumnado para o curso 2024/25.
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ven de publicar a convocatoria de becas para o vindeiro curso 2024/2025.
Existen axudas económicas tanto para ensinanzas universitarias como para non universitarias que inclúen, entre outras, ESO, Bacharelato e FP. Para ver un resumo, preme sobre esta ligazón.
O prazo de solicitude vai do 19 de marzo (9:00) ao 10 de maio (15:00) de 2024.
As solicitudes deben tramitarse a través da SEDE ELECTRÓNICA DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN.
Podes ver toda a información sobre a beca e os trámites premendo nesta ligazón á páxina informativa do Ministerio.
Para consultar o menú do comedor escolar do mes de abril de 2024, prema sobre a ligazón.
Lembrámosvos que podedes atopar fotos das actividades que imos realizando no centro na galería de imaxes, á que podedes acceder desde o botón situado na parte superior desta páxina, ou picando neste enlace.