O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ven de publicar a convocatoria de becas para o vindeiro curso 2024/2025.
Existen axudas económicas tanto para ensinanzas universitarias como para non universitarias que inclúen, entre outras, ESO, Bacharelato e FP. Para ver un resumo, preme sobre esta ligazón.
O prazo de solicitude vai do 19 de marzo (9:00) ao 10 de maio (15:00) de 2024.
As solicitudes deben tramitarse a través da SEDE ELECTRÓNICA DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN.
Podes ver toda a información sobre a beca e os trámites premendo nesta ligazón á páxina informativa do Ministerio.
Anexo | Tamaño |
---|---|
PASOS A SEGUIR PARA BECAS 24-25 (1).pdf | 271.89 KB |
Convocatoria General 2024_2025.pdf | 617.18 KB |