O centro ten coñecemento da convocatoria dunha folga de estudantes a partir de 3º da ESO, Bacharelato e FP para o día 12 de Novembro do 2024 durante toda a xornada lectiva. A organización convocante é a Confederación Estatal de Asociaciones de Estudiantes "Sindicato de Estudiantes", e o motivo da folga: “Manifestar o noso apoio ás familias traballadoras e á mocidade de Valencia e para esixir xustiza e reparación.”
O alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Cosme López Rodríguez realizou unha saída didáctica a San Cibrao de Las e Santa Cruz de Arrabaldo, organizada pola Deputación de Ourense, no marco do programa Coñece Ourense, destinado a alumnado de centros educativos, co fin de que coñezan distintos lugares de interese da provincia.
A actividade, que fora adiada debido ás condicións metereolóxicas, resultou finalmente un éxito, tanto no seu aspecto educativo como lúdico.
Aquí se amosa unha mostra da saída. Para ver todas as imaxes preme aquí.
O centro ten coñecemento da convocatoria dunha folga de estudantes a partir de 3º da ESO, Bacharelato e FP para o día 11 de outubro do 2024 durante toda a xornada lectiva. A organización convocante é a Confederación Estatal de Asociaciones de Estudiantes "Sindicato de Estudiantes", e o motivo da folga: “Esixir a publicación do modelo de examen da PAU e amosar o rexeitamento á brutalidade policial que sufriron os nosos compañeiros e compañeiras de Murcia por manifestarse pacíficamente por esta mesma reivindicación.”
O centro ten coñecemento da convocatoria dunha folga de estudantes para todas as etapas e niveis educativos o día 2 de Outubro de 2024 durante toda a xornada lectiva. A organización convocante é a organización estudantil Erguer. Estudantes da Galiza e o motivo da folga:O estudantado polo dereito á vivenda!