Saída Castro de San Cibrao de Las e Santa Cruz de Arrabaldo

Castro de Las

 

O alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Cosme López Rodríguez realizou unha saída didáctica a San Cibrao de Las e Santa Cruz de Arrabaldo, organizada pola Deputación de Ourense, no marco do programa Coñece Ourense, destinado a alumnado de centros educativos, co fin de que coñezan distintos lugares de interese da provincia.

A actividade, que fora adiada debido ás condicións metereolóxicas, resultou finalmente un éxito, tanto no seu aspecto educativo como lúdico.

 

Aquí se amosa unha mostra da saída. Para ver todas as imaxes preme aquí.