Que é poesía? Que relación ten coa música?
Que mellor maneira de aprendelo que facendo un obradoiro. E neste caso, un obradoiro de brindos a cargo da profesora e dinamizadora Sara Marchena, do colectivo Erre que Erre, que trata de visibilizar a literatura popular de transmisión oral, concretamente a “regueifa” ou, mellor dito, o “brindo”, que é como se coñece na montaña do sur de Lugo e na de Ourense.
Poesía e música van da man para improvisar “brindos”. E isto foi o que fixo o alumnado de 1º e 2º de ESO do noso IES o pasado 19 de abril.
Anexo | Tamaño |
---|---|
brin2.png | 300.52 KB |