As persoas que obtivesen o título de educación secundaria obrigatoria nos cursos académicos 2021/22 e 2022/23 tendo participado no programa E-Dixgal nun mínimo de tres cursos académicos poderán solicitar a acreditación das competencias dixitais no centro no que rematase cuarto de educación secundaria obrigatoria.
As persoas que desexen solicitar a acreditación das competencias dixitais dirixirán unha solicitude entre o 2 e o 15 de maio de 2024, axustada en contido ao modelo recollido no anexo V, á dirección do centro no que rematasen cuarto de educación secundaria obrigatoria.
Para saber máis sobre a certificación, prema aquí.
Anexo | Tamaño |
---|---|
Anexo V COMDIX.pdf | 302.21 KB |