O pasado venres 26 de novembro visitounos Iria Vázquez, autora do libro Cómplices. Machismo constucional. Foi unha charla amena e intensa, coa participación do alumnado de 2º de bacharelato.
Grazas, Iria, polo teu feminismo, contundencia e claridade.
Este 25N, ademais das exposcións que levan toda a semana no instituto, quixemos ter un xesto de reivindicación e apoio ás mulleres falecidas e ás súas familias.
Coma sempre, izamos os globos negros en representación de cada unha das vítimas da violencia machista deste ano e iluminamos de morado a entrada ao noso instituto. Expuxemos un rincón de obxectos diversos alusivos ás mulleres (zapatos, teléfono, roupas, fotografías, espello...) en representación da muller ausente. Tamén viñemos vestidas e vestidos de negro e puxemos unhas caretas alusivas á data.
O pasado mércores, 23 de novembro, seguindo coas actividades da semana do 25 N, estivo co alumnado de segundo da ESO, Priscila Retamozo. A coautora de "Comando Igualdade" impartiu un obradoiro sobre a violência de xénero nas redes sociais.
Hoxe, dentro da programación da semana do 25-N contra as violencias machistas, tivemos o pracer de contar con Sara Faro. Voz preciosa, letras a favor da igualdade de xénero, comentarios que ilustran as cancións e nos falan do medo real que sentimos as mulleres pola noite, soas, ou dos espellos que nos torturan por non cadrar nun modelo imposto.
Dexámosvos cunha pequena mostra:
Durante esta semana na entrada do instituto poderedes ver unha exposición de vestidos de papel feitos polo alumnado de 4º ESO na clase de Expresión Plástica. Esta mostra é unha manifestación de rexeitamento á violencia exercida contra a muller.
Ademais, preparamos un recanto de obxectos simbólicos en lembranza das mulleres desaparecidas.
Por último, de modo informativo, colocamos un panel no que diversos códigos QR conducen a diferentes enlaces de interese: películas, documentales, páxinas web...
Que é?
O Punto Lila xorde no noso centro como unha vía para ofrecer información de forma permanente con temas relacionados co feminismo -entendemos por feminismo a igualdade entre homes e mulleres-.
A quen vai dirixido?
A toda a comunidade educativa que necesite información sobre malas prácticas amorosas, violencia de xénero, grupo LTGBI, acoso…
Como se vai xestionar?
Formaremos un Grupo Lila composto por alumnado e profesorado. A nosa idea é formarnos e formar ao alumnado para que no futuro podamos dar resposta as inquedanzas e dúbidas que poidan xurdir en torno ao feminismo e aos temas indicados anteriormente.
Haberá un buzón no que calquera membro da comunidade poderá pedir cita para facer unha consulta.
Este punto tamén estará aberto a exposicións ou avisos relacionados con este tema.
Animádevos a participar.