O pasado xoves 6 de xuño tivemos unha visita sorpresa no IES Castalao.
Un ano máis tivemos a oportunidade de desfrutar co espectáculo de Contacontos en inglés e galego, esta vez con Charo Pita e Alice Fernback, dúas magníficas narradoras que nos deleitaron coas súas historias.
Nesta ocasión foi o alumnado de 1° e 3° da ESO quen tivo a ocasión de desfrutar desta forma orixinal de contar novos e vellos relatos e do humor e a profesionalidade destas dúas artistas do relato oral. E quedaron encantados!
O alumnado de 1º C da ESO traballou na materia de inglés para o proxecto de Centro ESCRIBIR CON ARTE. Os traballos versan sobre descricións de obras de arte coñecidas coma o Discóbolo de Mirón ou cadros de Van Gogh.
Sen dúbida, a nosa rapazada está sumerxida neste traballo que está a afondar no coñecemento interdisciplinar.
As linguas de Rosalía e de Virgina Woolf entretecidas por Charo Pita e Patricia McGill para nos relatar unha escolma de historias que nos levaron a tempos e espazos distantes, pero que percibimos moi próximos. O alumnado de 4ºESO puido gozar desta experiencia o pasado mércores 19 de maio.
Con motivo da recente publicación do libro Chorimas para Celso Emilio Ferreiro (Un memorial: 1979-2019) do noso benquerido profesor Ramón Nicolás, o alumnado de Inglés de 2º de bacharelato preparou unha biografía homenaxeando ao seu docente. A continuación deixámosvos unha selección do material preparado polos rapaces e rapazas. Ademais no primeiro documento podedes escoitar unha entrevista:
O xoves 20 de febreiro os alumnos de 1ºBAC e 2ºESO tiveron a oportunidade de escoitar a Tammy, de Burlington Books, impartir unhas interesantes charlas culturais e literarias.
Last September a group of students from IES Castelao had the opportunity to enjoy a 3-week English immersion programme in Great Britain (P.I.L.I. Vigo) organized by the Town Council.
Here are some of their impressions:
“We went to Headington (Oxford) and it was a really good experience because we learned a lot. We learned about the typical English families, schools… We tasted their food and found out about their culture. It was fun!
Recuperamos estas dúas redaccións en inglés que dúas alumnas de 2º de bacharelato elaboraron con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o pasado 8 de marzo:
O xoves 15 de novembro os alumnos de terceiro e cuarto tiveron a oportunidade de disfrutar de novo da actividade de Contacontos en inglés e galego, da man das narradoras Patricia McGill e Charo Pita. Escoitamos contos con elementos tradicionais coma bruxas, cabaleiros, princesas e o rei Arturo, amenizados por estas profesionais do relato. Foi unha experiencia moi interesante! Aquí vos deixamos un fragmento da actuación:
Un grupo de alumnos de cuarto fixeron varias reseñas desta actividade, aquí volas deixamos: