"Pequeños grandes libros"

    Dentro das actividades para celebrar o 23 de Abril, Día do Libro, tivemos no vestíbulo a carón do Salón de Actos unha exposición de libros de pequeno tamaño. Puidemos ver exemplares de dicionarios pequenos, varias edicións do Quixote en pequeno formato e moitos exemplares das famosas coleccións “Crisol” e “Crisolín” da antiga editorial Aguilar.


    Pero os máis pequenos de todos eran os fabricados coas súas propias mans pola alumna de 2º ESO-C NOELIA CAROLLO, que tivo a ben cedérnolos para que todos puidésemos comprobar a súa habilidade para confeccionar tales miniaturas. En agradecemento, regalámoslle, para que pase un tempo agradable con ese pasatempo que sabemos que lle gusta, un libro, de formato estándar nesta ocasión.


    Parabéns pola túa afección e a túa demostrada habelencia, Noelia!

Álbum: Curso 2017/2018 -> Pequeños grandes libros