O pasado xoves 26 de abril o IES Castelao participou no VII Encontro do Alumnado de Música de Galicia, celebrado no Auditorio Mar de Vigo. Dado que este ano o Encontro tivo lugar na nosa nosa cidade, o noso instituto tamén colaborou como centro anfitrión. En total, participaron 17 centros de Secundaria de toda Galicia e perto de 700 alumnos. O Encontro foi organizado pola Asociación do Profesorado de Música de Secundaria, Asomúsica.
Do noso instituto acudiu o alumnado de Música de 4º ESO e 1º de Bacharelato, grupos que interpretaron a canción "Shake it out" de Florence&The Machine, e a sintonía da serie "El hombre y la tierra", de Antón García-Abril. Ademais, asistiron a obradoiros de Danzas do Mundo, Canto, Baile Galego e Percusión Brasileira, nunha xornada á que se sumou tamén o alumnado francés que veu de intercambio na mesma semana. A xornada rematou cun xantar de convivencia na zona do Náutico.