Mensaxes dende o Alén

Onte resolveuse o concurso organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística  para festexar o Samaín: "Mensaxes desde o alén". Na categoría individual a gañadora foi Giorgina Saavedra Souto de 1ESO B, cun vídeo no que falaba como se dunha meiga feiticeira se tratase. Na categoría grupal as gañadoras foron Gaia Alves e Candela Mellado de 2 ESO B, transformándose nas mulleres do Home do Saco e do Chupasangues e advertíndonos que nos portaramos ben. Moitos parabéns ás gañadoras!!

E para que poidades ter uns felices pesadelos aquí  vos deixamos  as súas mensaxes.