IX Xincana na Biblioteca Ramiro Fonte

Nesta derradeira semana de curso escolar, na Biblioteca Ramiro Fonte do IES Castelao celebrouse unha emocionante xincana.

O alumnado de 1º da ESO acudiu á cita por clases. Tras un sorteo establecéronse grupos para disputar as probas. Busca en dicionarios, enigmas, atopar libros dalgún autor en concreto, recitar poemas… actividades moi diversas para demostrar o moito que coñeceron os fondos da biblio durante este primeiro curso. O xoves disputouse a finalísima entre os gañadores. O grupo de 1º C da ESO foi declarado o gañador da IX xincana da Biblioteca Ramiro Fonte.

Parabéns!

Tal foi o éxito da proposta que o alumnado de 2º da ESO tamén quixo participar, pero fóra de concurso. Ese é o espírito!

Álbum: Curso 2023/2024 -> IX Xincana Biblioteca Ramiro Fonte