Visita do alumnado de centros adscritos

O luns 3 de xuño foi un día memorable! O alumnado dos centros adscritos, que cursará 1º da ESO o vindeiro curso, visitou por primeira vez o seu futuro IES. 

Todo estaba aquelado para que fose unha xornada na que non faltou de nada. Tan pronto entraron nas instalacións, foron recibidos polo alumnado de 1º de Bacharelato, quen os agasallou cun baile e material didáctico. A seguir, dirixíronse ata o salón de actos; lugar onde o Equipo Directivo lles deu a benvida e lles explicou as normas do centro e os proxectos que se levan a cabo. Ademais animounos a coller folgos durante o verán para comezar con ansia. 

Porén, o realmente interesante chegou despois. Divididos en dúas quendas, percorreron os corredores mesturándose cos seus futuros compañeiros e compañeiras. Puideron entrar nas aulas de música (con concerto incluído), plástica, biblioteca, Polos Creativos, aula exterior e pavillón. 

Algúns deles non querían marchar! Agardamos con moitas gañas que chegue setembro para darvos outra calurosa benvida. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita de Centros adscritos