Este ano homenaxéase o 17 de Maio a Luísa Villalta. Para quen queira achegarse á súa figura ofrecemos aquí algúns recursos para usardes nesta Hora de Ler da semana das Letras Galegas.
Contamos cunha biografía musicada que comparte o CEIP Chans-Bembrive ou o seu poema "Estación" musicado por Sandra Tenreiro ou César Morán.
Tamén podemos afondar nalgún dos seus poemas da man de Xosé Mª Álvarez Cáccamo (xúntase abaixo PDF).
A Real Academia Galega fornece, amais da biografía recollida no primeiro enlace, moitas novas e vídeos sobre a autora, algúns moi breves e ilustrativos da súa vertente literaria e musical (Palabra de muller, 2'09'').
Máis lúdico, do equipo Bibliocuntis envían un xogo de versos e imaxes para emparellar do seu poemario Papagaio, que tamén xuntamos abaixo en PDF.
E non esquezades desfrutar da magnífica exposición que hai no vestíbulo con traballos do alumnado de Plástica sobre textos de Luísa Villalta.
Felices Letras Galegas !
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Xosé Mª Álvarez Cáccamo Tres poemas de LV A imaxe antropomórfica.pdf | 901.14 KB |
Papagaio_xogo2.pdf | 2.74 MB |
Papagaio_xogo1.pdf | 2.3 MB |