O grupo de Igualdade do centro, Estela Morada, deseñou unha serie de actividades para comprometer o alumnado, profesorado e persoal non docente a conmemorar o 8m: Día Internacional da muller.
Nesta semana realizáronse diferentes campañas de visibilización como a escrita de frases de mulleres célebres nas ventás do instituto, exposicións para visibilizar a mulleres inventoras, a revisión da baralla de cartas en clave feminista, ou pintacaras e entrega de chapas o venres 8.
Con todo, a actividade máis comprometida foi visibilizar o traballo das nosas compañeiras do persoal de limpeza. Por iso, o día sete, na última sesión, logo de recibir indicacacións de como facelo, limpamos as aulas. Puxemos as luvas lilas, con frases significativas, e tiramos fotos de grupo para enmarcar a xornada.