A rateira Agatha Christie
O primeiro grupo de lectura de 3º ESO A leu e comentou no mes de febrero esta peza teatral de A. Christie
Na obra, Giles e Mollie Ralston inauguran unha casa de hóspedes non arredores de Londres. Illados nela por unha tormenta de neve, o negocio converterase durante uns días no epicentro dun macabro xogo criminal cun asasino solto entre os seus clientes, un dos cales é un sarxento da policía, que terá que descubrir quen é o asasino..
Ana Benavides dique a obra lle gustou moito porque a intriga está moi ben elaborada, de xeito que te invita a non deixar de ler ata o final, sorprendente, da historia. O mesmo opina Iván, que cre que o feito de que a autora nos faga pensar cada vez nun asasino diferente mantén o interese. Carolina, ademais, destaca tamén que se toca e denuncia o tema do maltrato infantil.