A expedición do Pacífico Marilar Aleixandre
O segundo grupo de lectura de 3ª ESO A leu e comentou esta novela de aventura e ao mesmo tempo científica de Marilar Aleixandre.
A obra novela a verdadeira expedición que se levou a cabo entre 1862 e 1866. Paula cpmenta que a viaxe tiña como obxectivo coñecer a flora e a fauna de Sudamérica descoñecida para os europeos. A viaxe, que parte de Cádiz, percorre, di Uxía, varios países que tocan o Pacífico para volver novamente a España. A autora, apunta Joel, ademais de relatar este feito científico, aproveita para amosar a polémica que na época se produciu entre os teorías do darwinismo, que defende a evolución das especies e que está representada por Andrés e Diego, e o creacionismo, Deus creou as especies individualmente sen ter que evolucionar, defendida por Arguijo.
Liam, Judith e Lucía destacan o enfoque feminista da historia, pois Emilia debe disfrazarse de home para poder entrar na expedición. A novela, din, retrata perfectamente a situación da muller na época, que estaba destinada a casar e coidar da familia e que non tiña dereito ao voto, nin a estudar nin a realizar traballos que daquela facían só os homes, pero grazas ao personaxe de Emilia ponse en valor todo o que as mulleres poden e deben facer.
3º ESO A