El peligro de la historia única
Chimamanda Ngozi Adichie / Marina Garcés
«Las historias importan. Importan muchas historias. Las historias se han utilizado para desposeer y calumniar, pero también pueden usarse para facultar y humanizar. Pueden quebrar la dignidad de un pueblo, pero también pueden restaurarla.»
El peligro de la historia única é a transcrición dun discurso que deu a escritora Chimamanda Ngozi Adichie nunha charla TED no ano 2009.
Ademais da transcrición do discurso, o libro contén unha reflexión final a maneira de epílogo, na que a filósofa española Marina Garcés desenvolve unha explicación sobre as historias dunha idea, e alerta sobre os perigos de restrinxir o noso punto de vista a unha soa cousa.
Rosalía Van Raaij, de 3º ESO A, opina que o libro é unha reflexión moi interesante sobre o feito de ter só unha única versión dunha historia, persoa… Comparte a opinión da autora e de Marina Garcés de que ter unha única versión de algo é moi perigoso. A ignorancia é a arma máis poderosa das ditaduras. Defende que temos dereito a saber a verdade e así poder ter opinión sobre os feitos, polo que é necesario coñecer os distintos argumentos e versións das cousas.