Arnoia, Arnoia Méndez Ferrín

 

arnoia arnoia-xose luis mendez ferrin-9788497826037

 

 En Arnoia, Arnoia Nmógadah, un dos príncipes Segredos das terras de Arnoia vese preso e forzado ao exilio polo pobo dos veciños, invasores da súa terra e asasinos de Mai Loretta, quen antes de morrer lle dá dous obxectos: unha bolsiña máxica e o Libredón. Coa axuda do Libredón, Nmógadah e o Mestre Lionel libéranse dos seus captores e comezan as súas aventuras: o encontro co xigante Hannak, as fragas de Brocelandia, onde recibe a espada Milmanda, as minas de Grou...

Esta novela de Méndez Ferrín foi lida por parte do alumnado de 3º ESO A no mes de novembro. En xeral, gustoulles pero pareceulles algo difícil ao principio. Conforme ían lendo, como dixo Candela, a historia ía enganchándoos polas fantásticas aventuras vividas polo protagonista e sobre todo destacan o sorprendente final.