Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta    Ledicia Costas

O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo tras a pista das misteriosas mulleres planta. Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura…

A metade do alumnado de 3º ESO A  leu ao longo dos meses de outubro e novembro esta obra de Ledicia Costas. Coma outros cursos, a novela gustoulles moito  pola súa enorme fantasía. Amanda, por exemplo, comentou que a obra lle resultara moi interesante pola combinación de feitos reais con outros imaxinarios, creando unha historia única e especial sobre un grupo de mulleres metade humanas e metade plantas.

A Rosalía chamoulle a atención a presenza no texto dun dos seus escritores favoritos: Jules Verne.Tamén lle gustou por falar da natureza e da súa conservación. As “femmes plantes” simbolizarían que o ser humano pode convivir sen problemas coa natureza. Noelia, ademais da fantasía da historia, destaca que é un libro cheo de emocións, como o que sentiu ela co reencontro de Azucena coa súa filla.