Skip to Content

MAGOSTO E SAMAÍN 2014

Na tarde do pasado luns 10 de novembro celebramos o magosto no IES Cabo Ortegal, actividade que foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co departamento de Educación Física. Puidéronse degustar castañas asadas, realizándose tamén actividades deportivas e xogos populares.

magosto1     magosto2

Pódese consultar máis información no blog ortegalingua.

Estes días tamén se ven de celebrar "Halloween na Biblio", organizado polo Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e co departamento de Educación Plástica. Unha das actividades realizadas foi un concurso de sobremesas, sendo as gañadoras Clara Arcos, Aldara Hevia, Cristina Landrove e Nerea Vale. Tamén obtiveron premio Marco López (2º premio) e Rafael Santos e Carmen Winter (3º premio). Noraboa rapaces e rapazas!!!!

tartas1     tartas2

Pódese consultar máis información no blog ortegalendo no apartado de actividades.



page | by Dr. Radut