Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Martes Febreiro 25, 2025 »
Mar
Start: 25/02/2025 11:30
End: 25/02/2025 13:30

Todo o centro acude ao Auditorio municipal á proxeción da película As Neves o martes 25-02-25 de 11:30 a 13:30 horas.

Organiza os departamentos de Lingua Galega e Orientación en colaboración co concello de Cariño.

Película española de fala galega de drama de 2024, escrita e dirixida por Sonia Méndez. Está protagonizada por Andrea Varela, David Rodríguez Fernández, Antía Mariño e Lucía Veiga, xunto aos debutantes Xacobe Bruna Alonso, Irene Rodríguez Vence, Diego Caro, Santi Carmena Rico, Jenny Soto Romarís e Adriana Fernández Pazó. Estreouse de forma mundial no Festival de Málaga o 6 de marzo de 2024 e chegou aos cinemas españois o 10 de maio de 2024, con distribución de Sideral Cinema.

As Neves é un pobo galego de montaña onde todos coñécense. A noite de entroido un grupo de adolescentes celebran unha festa e se drogan con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a noticia de que Paula, unha das mozas da festa, desapareceu. Mentres, o pobo queda incomunicado e cae internet. Cada vez é máis urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.
 
Mantén aos adultos en segundo plano para centrar a cámara e o relato nos personaxes aos que lles toca contar a súa experiencia, afastando a trama do thriller ao uso tanto como do true crime moderno. Isto permite que sexan as emocións, dúbidas e temores dos rapaces implicados o que constrúa unha historia que goza do seu localismo para, na súa sinxela franqueza, volverse universal.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut