Eventos
O alumnado de 3º e 4º ESO e 1º e 2º BAC participa na conferencia-espectáculo de Avelino González Galego para adolescentes o luns 18-11-24 de 11:30 a 13:10 horas.
Organiza o departamento de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Concello de Cariño
O martes 19 de novembro ás 12 horas, o alumnado de 1 ESO asiste á videoconferencia "O universo e a exploración espacial", impartida por Begoña Vila Costas, doutora en Astrofísica e Enxeñeira Xefe de Sistemas no centro da NASA.
A actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Club de Ciencias no marco das actividades do Mes da Ciencia en Galego.
O alumnado de 3º ESO recibe unha Formación en materia de sensibilización e prevención das violencias de xénero e LGTBIfobicas o venres 22 de novembro de 08:30 a 10:10 horas, impartida por Cristina Palacios da asociación ARELAS.
A charla está incluída no ciclo de conferencias da campaña comarcal Estaca de Bares, de faro a faro contra as violencias machistas promovida polas administracións municipais de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira.
Organiza o departamento de Orientación en colaboración co Concello de Cariño
Neste #mesdacienciaengalegonasbibliotecas non podía faltar o noso tradicional concurso "En busca do enigma perdido", que vai xa pola súa quinta edición!
Poñede as cabeciñas a traballar porque o próximo martes comezamos!
#enigmas #concurso #reto #ciencia #lingua #bescolaresgal #edlg #clubdeciencias
Con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra á muller todo a comunidade educativa do IES Cabo Ortegal realiza unha serie de actividades no instituto ás 11:00 horas para logo ir hasta o Concello de Cariño onde haberá un acto institucional a partir das 12:00 horas. Todos os participantes deberán acudir cunha camiseta ou similar de cor branca.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación en colaboración co Concello de Cariño
O luns 25-11-24, de 16:00 a 17:40 horas, todo o centro participa na celebración do Magosto. Haberá degustación de castañas asadas e, se a meteoroloxía o permite, poderase participar en xogos tradicionais no exterior.
A actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración do Departamento de Educación Física.
1ª AVALIACIÓN 2º BAC de 17:45 a 18:30 horas
O alumnado de 4º ESO ten unha actividade o xoves 28 de novembro de 09:00 a 10:30 horas
Estará impartida polas investigadoras Beatriz Díaz Rica e María Estela de Vega Matallanos, do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Nutrición (ICTAN) do CSIC. O obxectivo que os participantes sexan conscientes da cantidade de azucres libres que se consomen coas bebidas edulcoradas, azucradas e enerxéticas de consumo habitual.
O taller consta de dous partes. En primeiro lugar, realízase unha cata de catro bebidas con distintas cantidades de azucre ou edulcorantes para que aprendan a dinámica dunha análise sensorial, así como que sexan capaces de diferenciar entre as distintas intensidades do sabor doce. Comprobarán que catar implica non só o sentido do gusto, senón que é unha experiencia multisensorial.
Posteriormente, terá lugar a charla explicativa apoiada cunha presentación na que se darán as claves para diminuír o consumo destes produtos tan demandados polos mozos. Durante a charla explicarase como percibimos os sabores, especialmente o doce. Tamén se mostrará como o consumo dos azucres libres pode ter un efecto prexudicial para o organismo e como poden afectarnos os substitutos dos mesmos.
Organiza o departamento de Bioloxía en colaboración co Concello de Cariño
O alumnado de 3º ESO ten unha actividade o xoves 28 de novembro de 11:30 a 13:00 horas

O alumnado de 2º BAC ten unha charla sobre os cambios na ABAU, impartida por un membro da USC, o xoves 5-12-24 de 121:30 a 13:10 horas.
Organiza o departamento de Orientación.
DÍA DA CONSTITUCIÓN (NON LECTIVO)
1ª AVALIACIÓN
2° ESO de 16:00 a 17:30 horas
1° ESO de 17:45 a 19:00 horas
1ª AVALIACIÓN
CICLO de 15:45 a 16:00 horas
1º BAC de 16:00 a 16:45 horas
4° ESO de 16:45 a 17:45 horas
3° ESO de 18:00 a 19:15 horas