Skip to Content

4º ESO TALLER DE BEBIDAS AZUCARADAS

28/11/2024 09:00
28/11/2024 10:30

O alumnado de 4º ESO ten unha actividade o xoves 28 de novembro de 09:00 a 10:30 horas

Estará impartida polas investigadoras Beatriz Díaz Rica e María Estela de Vega Matallanos, do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Nutrición (ICTAN) do CSIC. O obxectivo que os participantes sexan conscientes da cantidade de azucres libres que se consomen coas bebidas edulcoradas, azucradas e enerxéticas de consumo habitual.

O taller consta de dous partes. En primeiro lugar, realízase unha cata de catro bebidas con distintas cantidades de azucre ou edulcorantes para que aprendan a dinámica dunha análise sensorial, así como que sexan capaces de diferenciar entre as distintas intensidades do sabor doce. Comprobarán que catar implica non só o sentido do gusto, senón que é unha experiencia multisensorial.

Posteriormente, terá lugar a charla explicativa apoiada cunha presentación na que se darán as claves para diminuír o consumo destes produtos tan demandados polos mozos. Durante a charla explicarase como percibimos os sabores, especialmente o doce. Tamén se mostrará como o consumo dos azucres libres pode ter un efecto prexudicial para o organismo e como poden afectarnos os substitutos dos mesmos.

 

Organiza o departamento de Bioloxía en colaboración co Concello de Cariño

 



evento | by Dr. Radut