Skip to Content

Eventos - Filtro:

  • warning: Creating default object from empty value in /srv/www/drupal6/sites/all/modules/event/event.module on line 125.
  • warning: Creating default object from empty value in /srv/www/drupal6/sites/all/modules/event/event.module on line 1092.
Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Novembro 4, 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
4
5
Start: 05/11/2024 10:44

Durante o Samaín, un terrible crime sucedeu no IES Cabo Ortegal. O martes amencemos coa noticia do asasinato da xefa de estudos do que se fixeron eco os xornais.

Seis grupos de intrépidos estudantes da ESO ofrecéronse voluntarios para investigar o crime. Tras seguir as pistas e analizar as probas atopadas pola planta baixa do instituto, descubriron que o culpable foi o xefe de estudos de adultos, que quería quedar co despacho de Elisa.


O culpable xa dorme na cadea e os nosos investigadores recibirán a súa recompensa nos próximos días!

#samain #clubdeciencia #edlg #bescolaresgal

 

6
Start: 06/11/2024 18:59

Este mes de novembro volve a ciencia en galego á Biblio! Volven os Recreos Científicos, organizados polo @club_ciencias_ortegal, o @edlg_ortegal e a Biblioteca!

Tódolos xoves o alumnado do Club de Ciencias presentaranos os seus experimentos.

Non faltedes!

7
Start: 07/11/2024 10:41

Velaquí algunhas das nosas últimas adquisicións. Agárdanvos, coma sempre, na sección de NOVIDADES da entrada da Biblio.

Start: 07/11/2024 11:00
End: 07/11/2024 11:30

No primeiro dos Recreos Científicos deste mes ca ciencia en galego, que se desenvolveu o xoves 7 de novembro, Os alumnos de 4º ESO David, Ce, Dani e Álex realizaron o experimento do ovo saltarín e explicáronnos o proceso de osmose.

Organizan os equipos de Biblioteca, Club de Ciencias e DLG


8
9
10
Start: 10/11/2024 00:00
End: 10/11/2024 00:00

O noso alumnado de 3º ESO participa nun programa de inmersión lingüística nos Peares (Carballedo, Lugo) do 10 ao 16 de novembro de 2024.

Xunto ao alumnado doutros centros, potencian especialmente a súa capacidade para a comprensión e expresión orais mediante a estancia durante varios días nunha instalación que posibilita a inmersión total en inglés con profesorado nativo.

Así mesmo, mediante a metodoloxía CLIL, facilítase a adquisición de contidos adecuados para cada etapa educativa, e os programas complétanse coa realización de talleres, xogos, deporte, ...

 

Organizan os departamentos de Inglés e Tecnoloxía.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut