Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
11
| 12
| 13
| 14
Start: 14/11/2013 12:20
End: 14/11/2013 14:00
Actividade do departamento de Normalización Lingüística en colaboración co de Educación Física. Celebración do Magosto con degustación de castañas e práctica de xogos tradicionais galegos. Día: Xoves 14 de novembro de 2013. Grupos: Todo o centro. Horario: De 12:20 a 14:00 horas. Lugar: Zonas exteriores do instituto.
| 15
Start: 15/11/2013 09:22
End: 15/11/2013 09:22
QUE É O MAGOSTO PARA TI? Hai uns días fixéronme unha pregunta, algo no que non reparara nunca, pero que forma parte dos meus costumes. A cuestión foi a seguinte: que é para ti o Magosto?
Para min o Magosto era un día de outono no que comíamos castañas na escola xunto aos nosos compañeiros e profesores, pero o Magosto é algo máis ca iso.
Esta festa realizábase coa recollida deste froito en agradecemento á colleita recibida. Só se celebra en determinadas zonas do norte de España, onde a castaña foi a base da alimentación nos seus antepasados. Hoxe en día, adoitamos celebralo nos días comprendidos entre o 1 de novembro e o 11. Ademais de comer castañas asadas, tamén degustamos outros alimentos como chourizos, ou viño para os máis maiores. Pois como vedes, hoxe descubrín porque os galegos celebramos esta festa, e o que significaba para os nosos devanceiros. E para ti, para ti que é o Magosto?
Carmen Ramonde Mera, 4º ESO | 16
| 17
|