Orientación

Programa Ktorce-18

O alumnado de 3º ESO terá a oportunidade de asistir a unha charla relacionada co programa Ktorce-18, que pretende informar, previr e facer conscientes aos adolescentes das consecuencias dos seus actos, en relación coa Ley 5/2000, reguladora da responsabilidade legal dos menores.

A actividade, organizada polo Departamento de Orientación, realizarase no salón de actos do centro o vindeiro xoves 17 de decembro.

Taller de habilidades sociais

 

O departamento de orientación do centro organizou un obradoiro de habilidades sociais para o alumnado de 3º ESO. Realizarase en varias xornadas, comezando o martes 21 de abril e rematando o vindeiro 5 de maio.


 

 

Novas tecnoloxías. Os riscos de Internet.

Ao longo de todo o mes de marzo o departamento de orientación do centro organizou unha serie de charlas sobre as novas tecnoloxías, os riscos de internet, o consumo de drogas... Están dirixidas aos pais, alumnos, profesores e restantes membros da comunidade educativa.

CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR

A charla sobre acoso escolar dirixida ao alumnado de 1º e 2º de ESO terá lugar  no  Salón de Actos o día 6 de maio as 17:00h.

Organiza o departamento de Orientación.

XORNADA DE ORIENTACIÓN PREUNIVERSITARIA

A Universidade de Vigo, no marco do seu programa de actividades dirixidas a Centros de Ensino Secundario e de Formación Profesional, organiza esta Xornada co fin de mostrar a oferta académica da universidade e facer fincapé nas cuestións que resultan de maior interese para os futuros universitarios.

Distribuir contido