Orientación

Visita do alumnado de 4º de ESO do IES Terra de Turonio

Este xoves 13 recibimos no instituto o alumnado de 4ºESO do IES Terra de Turonio que o próximo curso podería estudar bacharelato no noso centro. Realizaron unha visita ás instalacións, asistiron a unha charla coa orientadora sobre a nosa oferta de estudos de bacharelato e, finalmente, ofrecémoslles un petisco na cafetería.

Charla informativa dos estudos universitarios da USC

Arestora, no salón de actos, para o alumnado de 2º de bacharelato, sesión informativa dos estudos universitarios da

Enquisa sobre consumo de substancias tóxicas e outras condutas aditivas

O noso centro está a participar nun proxecto sobre o consumo de substancias tóxicas e outras condutas aditivas en adolescentes de 14 a 18 anos no que colaboran todos os centros de Secundaria do Val Miñor e que está coordinado pola Dra. Olga Villar do centro de saúde de Gondomar.
Neste proxecto o alumnado de 3º e 4º de ESo e 1º e 2º de Bacharelato realizará unha enquisa telemática e anónima do 20 ao 31 de xaneiro.

Encontro-debate "Hai saída grazas a ti"

O 11 de decembro 123 alumnas e alumnos de 2ºESO dos IES Terra de Turonio e Auga da Laxe asistiron, no salón de actos do IES Auga da Laxe, a un encontro-debate co título "Hai saída grazas a ti", guiado por Elsa Rodríguez Prieto, especialista en igualdade que participa no programa educativo sobre igualdade que o Concello de Vigo ofrece aos centros de ensino da cidade. O debate xirou arredor da curtametraxe "No" de Adrián Vereda, que trata a violencia de xénero.

Charla coa asociación Arelas

O martes 17 e o mércores 18 de setembro o alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1ºBach participou nun encontro con Mónica Rodríguez, secretaria de Arelas, asociación de familias de menores transexuais. Na charla, ademais de falar dos dereitos e da visibilización da realidade trans no ámbito infanto-xuvenil, tivemos a oportunidade de clarificar conceptos e de reflexionar sobre situacións de discriminación e de exclusión social que viven as persoas do colectivo LGTBI.

Charla da asociación Arelas

 Mañá martes 17, contra as 10:20, para 3º e 4º de ESO, e o mércores 18 para 1º de bacharelato, co mesmo horario, charla da asociación Arelas no salón de actos.

Distribuir contido