Orientación
Charla sobre as ABAU
Enviado por admin o Mar, 21/05/2019 - 21:04O mércores 22 de maio, contra as 10:30, Cristina Álvarez, orientadora de bacharelato, ofrecerá unha charla ao alumnado de 2º de bacharelato sobre a mellor maneira de afrontar a preparación e realización das ABAU.
»
Charla da Universidade de Vigo para 2ºBach
Enviado por admin o Mar, 07/05/2019 - 11:46O alumnado de 2ºBach asistiu este luns 6 de maio no salón de actos do instituto a unha charla con Ricardo Corderí, xefe de servizo da »
Charla da Universidade da Coruña
Enviado por admin o Mar, 09/04/2019 - 20:11Este martes 9 de abril o noso alumnado de 2º de Bacharelato asistiu no salón de actos do instituto a unha charla sobre a preinscrición na Universidade e a oferta de titulacións da Universidade de A Coruña.
Obradoiro de "Sensibilización e prevención da violencia de xénero"
Enviado por admin o Lun, 01/04/2019 - 19:29Onte, 28 de marzo, tras catro sesións de duración, finalizou o obradoiro de "Sensibilización e prevención da violencia de xénero", onde o alumnado de 4º da ESO, a través de dinámicas co material LEGO® Education, reflexionou e debatiu aspectos como os tipos e mitos sobre a violencia de xénero ou os modelos de home e muller, entre outros.
Visita aos centros integrados de Formación Profesional
Enviado por admin o Ven, 08/02/2019 - 13:52Este xoves 7 de febreiro achegámonos a Vigo co alumnado de 3ºESO e unha parte de 4ºESO para visitar os Centros Integrados de Formación Profesional Paz Andrade e Manuel Antonio co obxectivo de que coñecesen a oferta de ciclos formativos da contorna e de que se achegasen aos diferentes talleres especializados. A visita estivo guiada pola orientadora e orientador de cada centro e contou cunha explicación por parte do alumando que se está formando neses ciclos.
Charla sobre a oferta de titulacións da Universidade de Santiago de Compostela
Enviado por admin o Ven, 01/02/2019 - 14:19
Este venres 1 de febreiro o noso alumnado de 2º de Bacharelato asistiu no salón de actos do instituto a unha charla sobre a oferta de titulacións da Universidade de Santiago de Compostela.