Fin de curso e entrega de boletíns

O venes 21 de xuño é o último día lectivo do curso 2023-2024. A comunicación das cualificacións da avaliación extraordinaria de 1ºBach e da avaliación final da ESO farase nas seguintes datas:

 

- Entrega dos boletíns: mércores 26 de xuño ás 11:00 horas nas aulas nas que cada grupo ten as súas sesións de titoría. Lembramos que ese día non hai transporte escolar.

- Publicación en Abalar: mércores 26 de xuño ás 17:00 horas.

 

• Períodos de reclamacións:

- Solicitude de revision  das cualificacións ante o centro: 27 e 28 de xuño.

- Resolución dos departamentos: 1 de xullo.

- Informe da Dirección e comunicación da decisión á familia e á persoa titora: 2 de xullo (se non foi precisa reunión extraordinaria da xunta de avaliación para revisar a decisión de promoción ou titulación) ou 3 de xullo (se foi precisa).

- Reclamación ante a Dirección Territorial, se persistise o desacordo: nos dous días hábiles seguintes á comunicación da decisión adoptada.