Dinamarca

Intercambio co Viby Gymnasium de Aarhus

Os alumnos e alumnas de 2ºBach que se atopan estes días en Dinamarca participando no intercambio co Viby Gymnasium están a desfrutar de diferentes actividades: traballo en grupos, convivencia coas familias, xogos e algunhas excursións e visitas, como a que lles permitiu coñecer a cidade de Aarhus e a Den Gamle By, ou Cidade Vella, un museo ao aire libre con máis de setenta edificios históricos. Unha experiencia estupenda!

Intercambio con Dinamarca

 
Este xoves 7 de marzo saíron de viaxe cara a Dinamarca dezanove alumnos e alumnas de 2ºBach, acompañados por dúas profesoras, para participar na segunda parte do intercambio que organiza o Departamento de Inglés co instituto Viby Gymnasium de Aarhus.
Distribuir contido