Intercambio co Viby Gymnasium de Aarhus

Os alumnos e alumnas de 2ºBach que se atopan estes días en Dinamarca participando no intercambio co Viby Gymnasium están a desfrutar de diferentes actividades: traballo en grupos, convivencia coas familias, xogos e algunhas excursións e visitas, como a que lles permitiu coñecer a cidade de Aarhus e a Den Gamle By, ou Cidade Vella, un museo ao aire libre con máis de setenta edificios históricos. Unha experiencia estupenda!