Sesión de ENAPA para familias
Enviado por admin o Ven, 08/11/2024 - 14:09
O próximo mércores 13 de novembro de 19:00h a 21:00h haberá no instituto unha sesión de Escola de Nais e Pais (ENAPA) sobre "Fortalecemento do benestar persoal e social intrafamiliar", a cargo da psicóloga e a traballadora social da Asociación Alborada. Esta actividade, que está dirixida a familias e alumnado de 3ºESO, enmárcase dentro do PFPP que se desenvolve no centro e está vinculada co proxecto de Intervención sobre habilidades de comunicación intrafamiliar, autoestima e prevención de consumos no que o noso instituto colabora desde hai anos cos centros de saúde do Val Miñor.