Skip to Content

Extraescolares

Actividades que se realizan fora do ambito académico

Mientras dure la guerra

Onte cento vinte rapazas e rapaces de 1º e 2º de Bacharelato viaxaron ata Vigo para ver no cine Gran Vía a película de Amenábar “Mientras dure la guerra”.

Viaxe cultural a Francia

O Departamento de Francés do IES A Sangriña, en colaboración co Departamento de Francés CPI Suárez Marquier do Rosal, organizou unha viaxe didáctica a Francia, en abril deste curso 2018-2019, na que participou alumnado de 3º e 4º de ESO, e 1º de Bacharelato.

Saíron na noite do 4 de abril, durantes os dous primeiros días visitaron Bordeaux. Polo camiño pararon tamén en Poitiers e Tours, para coñecer un pouco de cada vila. E finalmente remataron en París. Levaban unha axenda ateigada de visitas ben interesantes: un percorrido nocturno pola cidade, visitaron o Museo do Louvre, a catedral de Notre-Dame, o Palais de Luxembourg, a Sorbonne, o Quartier Latin, Trocadero, a Torre Eiffel, o centro Pompidou, Montmartre, o Sacré-Coeur e demais lugares históricos e culturais, realizaron un paseo en barco polo Sena e incluso puideron pasar un día en Disneyland París. 

A primeira fotografía foi tomada en Bourdeaux, as seguintes en París.

Bourdeaux.

Excursión en canoas

O pasado venres realizouse unha saída deportiva, unha excursión en canoas co alumnado de 2º de ESO, acompañado polo profesorado Susana Salvador, Amalio Verd, Menchu Costa e Josh Cryer.

Intercambio con Italia e Dinamarca

No mes de abril recibimos o alumnado italiano e dinamarqués participante neste intercambio escolar Terni - A Guarda - Aarhus.

O luns, o alumnado dinamarqués e italiano asistiu ás aulas de Lingua Castelá e de Educación Física, onde fixeron a actividade “Danzas do mundo”. Pola tarde visitaron o monte Trega e o seu castro.O martes debido ás malas condicións meteorolóxicas non se puido ir ás illas Cíes, polo que se programou unha actividade no barco Nautilus, no que puideron observar o fondo mariño a través dunha cámara subacuática, e a visita á exposición de arte de Afundación. Tras almorzar no IES, o mércores foron visitar Tui (catedral e casco vello) e Valença (recinto amurallado, casco vello e mercado ao aire libre). O xoves realizarouse a andaina dos Muíños do Folón e do Picón, e á tardiña, una cea de despedida con todas as familias.

Vigo.

A bordo do Nautilus.

Visita á exposición de arte de Afundación.

Distribuir contido


by Dr. Radut