Skip to Content

Extraescolares

Actividades que se realizan fora do ambito académico

OBRADOIRO: TÉCNICAS BÁSICAS DE PRIMEIROS AUXILIOS.


OBRADOIRO: Técnicas básicas de primeiros auxilios: cadena de supervivencia, RCP básica, uso do desfibrilador e actuación ante obstrucción de vía aérea.

ESTE OBRADOIRO É GRATUITO E DESENVÓLVESE NO ÁMBITO DOS CONTRATOS-PROGRAMA (liña INNOVA: ámbito de Educación para a Saúde).

Imparte JOSÉ PALACIOS AGUILAR.

  • Coordinador do Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo.
  • Profesor Titular da Universidade da Coruña.
  • Creador e Coordinador do Grupo Internacional de Actividades de Prevención e Socorrismo.
  • Doctor e Licenciado en Educación Física.
  • Presidente da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor.

LUGAR: IES A SANGRIÑA.

DÍA: 16 DECEMBRO.
DURACIÓN: 1 HORA E MEDIA.

HORARIO: 17:30 – 19:00

DIRIXIDO AO PROFESORADO DO IES A SANGRIÑA E AOS PAIS/NAIS DO ALUMNADO DO CENTRO.

AFORO LIMITADO: 30 PERSOAS.

PROCEDEMENTO PARA ASISITIR AO CURSO: anotar nome e teléfono nunha listaxe que hai para tal efecto en conserxería.

Roteiros histórico-literarios

En colaboración cos centros IES Antón Alonso Ríos de Tomiño e IES San Paio de Tui, o alumnado de Relixión do noso instituto viaxou á Pobra do Caramiñal, Padrón e Ferrol, os días 7 e 8 de novembro. O xoves pola mañá visitaron a torre de Bermúdez, o museo de Valle-Inclán e o mirador da Curota; un paseo histórico- literario. Pola tarde, en Padrón, visitaron a Fundación Cela, a casa-museo de Rosalía de Castro e de novo un pequeno paseo histórico-literario. O venres pasárono en Ferrol, onde visitaron o museo de construción naval e o museo de historia natural. Despois, realizaron un roteiro histórico-literario polo Ferrol Vello e o barrio da Magdalena e visitamos as Meninas en Canido.

Na companhia de Sophia

O pasado venres día 15, o alumnado de portugués do IES A Sangriña asistiu á representación da peza de teatro Na companhia de Sophia, organizada no Instituto Politécnico de Vigo polo Instituto Camões. Ademais asistir á representación da peza realizada polos actores de Caixa de Palco, os nosos alumnos e alumnas participaron de outras actividades como a presentación da figura da escritora Sophia de Mello Breyner a través dun vídeo do que foron os protagonistas, o recitado de poemas ou a realización de debuxos para a confección dun mural colectivo.

Na organización do evento por parte do Instituto Camões tivo especial protagonismo a nosa lectora de portugués, Isabel Gonçalves, que sempre nos facilita o acceso a este tipo de eventos.

Deixámosvos á continuación a sinopse da peza: Vamos contar-vos uma história… Aliás, vamos contar-vos várias histórias, dentro de uma só história! Vamos fazer uma Viagem até à Dinamarca, partimos da Praia e juntamente com o Homero apanhamos boleia com os Três Reis do Oriente, depois de dobrarmos o cabo Bojador, paramos para O Jantar do Bispo, onde ajudamos um bom Homem a encontrar o seu percurso, através de um Retrato sobre as dificuldades e belezas da vida humana.

-----------------------------------------------

Rafting en Arbo

A semana pasada o alumnado de 3º de ESO gozou dunha xornada de rafting en Arbo, coa empresa Arrepions. O profesorado acompañante foi Amalio Verd, Samantha Thurson (auxiliar de inglés) e Susana Salvador. Descenderon polo río Miño, pasando por varios rápidos con cinco balsas neumáticas.

Velaquí unha pequena mostra. Podedes ver máis fotos na nosa páxina de Facebook.

Distribuir contido


by Dr. Radut