Skip to Content

Na companhia de Sophia

O pasado venres día 15, o alumnado de portugués do IES A Sangriña asistiu á representación da peza de teatro Na companhia de Sophia, organizada no Instituto Politécnico de Vigo polo Instituto Camões. Ademais asistir á representación da peza realizada polos actores de Caixa de Palco, os nosos alumnos e alumnas participaron de outras actividades como a presentación da figura da escritora Sophia de Mello Breyner a través dun vídeo do que foron os protagonistas, o recitado de poemas ou a realización de debuxos para a confección dun mural colectivo.

Na organización do evento por parte do Instituto Camões tivo especial protagonismo a nosa lectora de portugués, Isabel Gonçalves, que sempre nos facilita o acceso a este tipo de eventos.

Deixámosvos á continuación a sinopse da peza: Vamos contar-vos uma história… Aliás, vamos contar-vos várias histórias, dentro de uma só história! Vamos fazer uma Viagem até à Dinamarca, partimos da Praia e juntamente com o Homero apanhamos boleia com os Três Reis do Oriente, depois de dobrarmos o cabo Bojador, paramos para O Jantar do Bispo, onde ajudamos um bom Homem a encontrar o seu percurso, através de um Retrato sobre as dificuldades e belezas da vida humana.

-----------------------------------------------

Sophia de Mello Breyner Andresen, nada no Porto o 6 de novembro de 1919 e finada en Lisboa o 2 de xullo de 2004, foi unha das máis importantes poetisasportuguesas do século XX. Distinguida co Premio Camões, en 1999, converténdose na primeira muller portuguesa en recibir o máis importante galardón literario da lingua portuguesa. Así mesmo, foi membro da Academia das Ciencias de Lisboa.



story | by Dr. Radut