Skip to Content

Extraescolares

Actividades que se realizan fora do ambito académico

Cité de l´Espace e Aeroscopia

No pasado mes de marzo, 40 alumnas e alumnos de 2º de ESO viaxaron ata Toulouse para visitar a Cidade do Espacio e AEROSCOPIA. Trátase dunha viaxe organizada polo Departamento de Tecnoloxía.

Saída a Ourense

O pasado 21 de febreiro houbo unha viaxe conxunta a Ourense dos ciclos de Administrativo e de Tecnoloxía de 1º de Bacharelato.

O alumnado de administrativo visitaron a STL (Sociedad Textil Lonia), empresa téxtil líder en España en confección de gama alta que produce, distriúe e comercializa as marcas Carolina Herrera e Purificación García. Viron as fábricas e o almacén, coñeceron a empresa en xeral e, de preto, as fases de confección, almacenamento e distribución. A continuación, achegáronse ata Aceites Abril, o maior produtor de aceite de Galicia que comercializa as súas propias marcas e as marcas brancas de moitos supermercados (Froiz, Gadis e Dia entre outras). Coñeceuse a historia da empresa, o ciclo de produción do aceite, asistiuse a cadea de envasado e visitáronse os almacéns.

Por outra banda, o alumnado de Tecnoloxía visitou a escola de Enxeñaría Aeronáutica da Universidade de Vigo, os seus laboratorios, as máquinas de mecanizado e mesmo un túnel de vento experimental. Por último, o Centro Tecnolóxico La Molinera, un referente en Ourense, no que viron impresoras 3D que poden imprimir ata 1 metro cúbico, unha máquina de corte por láser e lentes de realidade virtual que todos puideron probar.

STLonia.

Aceites Abril.

Viaxe a Almagro 2019

En Almagro está o único curral de comedias conservado intacto, tal cal eran os teatros destas características no século XVII español. Os currais eran patios de casas que na época foron habilitados como teatros, e nos que representaban comedias, traxedias, entremeses... obras moi do gusto da xente, de autores como Lope de Vega, Tirso de Molina, Quiñones de Benavente...

Visitar este curral e asistir a unha representación de teatro clásico neste espazo é o obxectivo e a esencia da viaxe literaria e cultural que todos os anos realiza o alumnado de 1º de bacharelato. Desta volta, asistiron tamén en Madrid a unha obra de teatro contemporáneo, Corta el cable rojo, no Teatro Gran Vía, visitaron o barrio das letras, coñeceron Toledo, o P. N. das Tablas de Daimiel e viaxaron ata Córdoba. 

Teatro en Madrid.

Casa de Lope de Vega, Barrio das letras, Madrid.

Curral de comedias, Almagro.

P. N. Táboas de Daimiel.

Mesquita de Córdoba.

Debuxando ao alén

“Debuxando ao alén” é o título da exposición da ilustradora Ana Juan que visitou en Pontevedra o pasado martes 19 de febreiro de 2019 o noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato que cursa as materias de Debuxo artístico ou Historia da arte. Completouse a xornada no Museo de Pontevedra coa visita á colección de Castelao.

Exposición de Ana Juan, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

No Museo de Pontevedra.

Distribuir contido


by Dr. Radut