Skip to Content

Dinamización da Biblioteca

Novo punto de lectura

A bilbioteca do centro, Bibliotegra do Miño, conta cun novo punto de lectura, un cómodo recuncho onde sentar e deixarse levar por un bo libro.

Novidades na Bibliotegra: outono de 2011 con letras galegas

Hai novos libros á vosa disposición na Biblioteca do centro. Lembrade que, para estar ao tanto de todas as novidades, é recomendable visitar periodicamente o seu blog ou as súas páxinas nas redes sociais tuenti, facebook e twiter (buscade Bibliotegra do Miño).

Alumnado do IES A Sangriña asistirá á proxección de Si o vello Sinbad volvese ás illas

18/11/2011 00:30
18/11/2011 10:00
Etc/GMT+2

O próximo venres 18 de novembro de 2011, o alumnado de 3º e 4º de ESO, acompañado polo profesorado, irá ver a proxección de Si o vello Sinbad volvese ás illas, película baseada na obra de Álvaro Cunqueiro, coproducida por TVG e Ficción Produccións, dirixida e guionizada por Antón Dobao.

Máis información no blog da Biblioteca: http://bibliotegra.blogspot.com/

DÍA: venres 18 de novembro de 2011

LUGAR: Casa da cultura de A Guarda

HORARIO: 8:30/10:00

ALUMNADO: 3º ESO e 4º ESO 

 

portada libro

Novidades de outono 2011 na Bibliotegra: ler con choiva

A biblioteca do centro, Bibliotegra do Miño, como vén facendo desde o curso pasado, acaba de publicar no seu blog as novidades do outono 2011, boas propostas para as tardes de choiva que nos agardan. Convidámosvos a pasar pola biblioteca en calquera recreo para coñecer e levar libros tan agardados.

Lembrade que a biblioteca publica periodicamente esta información no seu blog: http://bibliotegra.blogspot.com/ e nas súas contas de tuenti, facebook e twiter.

Distribuir contido


by Dr. Radut