Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Secretaría

Eleccións ao Consello Escolar

Comunícase, que segundo o establecido na resolución do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros sostidos con fondos públicos (DOG 8/10/2018) realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos.

Matrícula 2018-19 ESO e Bacharelato

Lugar: Secretaría do centro

Horario de atención: 9:30 a 13:30

Prazo de presentación:

  • 25 de xuño a 10 de xullo, alumnado que APROBE TODO en xuño e ALUMNADO DE 6º PRIMARIA.
  • 1 ao 10 setembro, alumnado que se examine en setembro ou con causa xustificada.

O impreso de matriculación presentarase debidamente cuberto, asinado co documentación que nel se indica e fotocopiado para selar á súa entrega.

Abalar Móbil

Co obxectivo de mellorar a comunicación coas familias desde o centro estamos poñendo en marcha o servizo Abalar móbil que é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica dos seus fillos a través do teléfono móbil. Puxemos unha ligazón permanente no menú da dereita no que se explican as funcionalidades e como instalar a aplicación. Tamén podedes descargar unhas instrucións do Abalar móbil en pdf.

 

Licitación do Servizo de Cafetería do centro para o curso 2017-18

 

A contratación do servicio de cafetería do IES DE ALLARIZ, para o curso 2017-18, sae a concurso público.

O servicio de cafetería debe funcionar no período que vai dende o 1 de setembro de 2017 ata o 30 de xuño de 2018, co seguinte horario: 10:00 a 13:00 horas de luns a venres. Quen resulte adxudicatario deberá, antes da firma do contrato, subscribir unha póliza de seguro cunha cobertura mínima de riscos por valor de 20.000€.

Nos arquivos adxuntos, pódense descargar os seguintes documentos necesarios para participar no concurso:

1. Folla de Especificacións Técnicas.
2. Condicións para a Contratación do servicio.
3. Anexo I (formulario de Declaración Responsable).
4. Anexo II (formulario para a Proposición Económica).
5. Anexo III (Lista de prezos máximos).

O centro aceptará ofertas e demais documentación necesaria na Secretaria do centro ata as 13:00 horas do día 12 de xullo de 2017.

 

MATRÍCULA NO CURSO 2017 - 2018, SOLICITUDE DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR, E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

No documento adxunto pódense consultar os prazos e procedementos para facer a matrícula no curso 2017 - 2018, solicitar axudas para adquisición de material escolar, e participar no fondo solidario de libros de texto

TELÉFONOS I.E.S.:

Conserxería E.S.O. 988788005      

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare