Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Secretaría

Parabéns ao alumnado que se presentou a Abau e preparación curso 2021-22

Queremos dar os parabéns ao alumnado do centro que se presentou ás probas da ABAU de 2021, a pesar de ter cursado bacharelato estes dous cursos tan difíciles o 94% do alumnado superou a proba e tres alumnas acadaron a excelencia con máis dun 9 sobre 10. Moitos parabéns a eles e ao seu equipo docente.

Tamén queremos informar que estamos a presentar os seguintes proxectos para o curso 2021-2022:

  • ERASMUS +. Programa para internacionalizar as actividades do centro, partillar experiencias e estadías con outros países da Unión Europea.
  • PROA+ e ARCO

Proxectos:

  • Donas de sí
  • O Monte vivo
  • Proxecto ríos.
  • Quérote +
  • Apuntámonos a non beber
  • Proxectos de Vida Activa e Deportiva

Club de Ciencias e Club de Letras.

Calendario de exames de setembro

MÉRCORES, 1 de setembro:

XOVES, 2 de setembro:

VENRES, 3 de setembro:

Libros de texto curso 2021-2022

Achegamos os libros de texto para o curso 2021-2022.

Declaración do Claustro de profesorado ante a nova aparecida en La Región

Ante a nova en La Región do xoves 10 de xuño, o Claustro de profesorado do IES de Allariz quere manifestar que:

O IES de Allariz é un espazo seguro no que se respira unha convivencia excelente. O equipo docente deste centro, en colaboración co resto da comunidade educativa, traballa de maneira profesional e consciente na prevención de comportamentos e condutas impropias nun centro educativo.

Ademais dunha observancia esixente e minuciosa, existe no centro unha sensibilidade e humanidade de educadores/as para manter unha boa convivencia e para garantir a seguridade de toda a comunidade educativa, en especial de todo o noso alumnado.

Como indican as normas da Consellería, implementamos protocolos que seguimos sempre de maneira precisa e escrupulosa ante o mínimo indicio de conduta contraria ás normas de funcionamento do centro. A comunicación do profesorado, titorías, Equipo de Orientación e Equipo Directivo coas familias é fluída e constante; nela damos cumprida información sobre calquera incidente destacable no centro. Atendémolas sempre flexibilizando os nosos horarios e adaptándonos á súa dispoñibilidade.

Este curso foi unha etapa especial, difícil, de incertezas e medos que solventamos de maneira excepcional a base de dedicación e traballo e é por isto que nos parece aínda máis inxusto que se poña en dúbida a nosa profesionalidade e o noso bo labor cunha publicación que non se corresponde coa realidade do noso centro e que, unha vez máis, ataca a función docente no seu conxunto e a do noso centro en particular. Queremos reiterar que o tratamento do alumnado é igualitario e que rexeitamos rotundamente calquera tipo de discriminación ou vulneración dos dereitos dos/das escolares. Nunca deixamos a ninguén sen atención nunha situación de vulnerabilidade e endexamais quedan sen aplicar todos os protocolos pertinentes porque os obxectivos e dereitos de equidade e respecto rexen para todo o alumnado sen excepcións.

Como Claustro queremos agradecer unha vez máis ás familias a súa valiosa e indispensable colaboración co centro educativo, fundamental para manter un óptimo nivel de convivencia, así como ás institucións e servizos sociais da vila na que se ubica o noso centro.

Aberto o prazo de solicitude do Fondo Libros e axuda material ESO

Aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto + axudas para material escolar, curso 2021-2021.

PRAZO ÚNICO: Do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021. (agás alumnado que teña que repetir 4º ESO que deberá facelo en setembro).

LUGAR: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/fondolibros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Opcionalmente de xeito presencial no centro educativo.

DOCUMENTACIÓN: Presentarán os Anexos I e II, xunto coa fotocopia do libro de familia e/ou calquera outra documentación que reflicta a situación familiar a 31/12/2019 (certif. convivencia, separación/convenio regulador, violencia de xénero, discapacidade, incapacidade permanente...).

Os préstamos adxudicaranse en función da renda per cápita (ata 6.000€: 6 libros e 50€ para material; ata 10.000€: 4 libros).

A solicitude será única para os/as fillos/as admitidos no mesmo centro, agás se a tramitan por vía electrónica que presentarán unha por alumno/a.

Para acceder a calquera das axudas é imprescindible devolver os libros de texto prestados no curso 2020-2021.

09/07/2021: Publicación das listaxes provisionais de admitidos/excluídos no taboleiro do centro. Deben consultalas e reclamar en caso de erro os días 12 e 13 de xullo de 2021.

15/09/21: Publicación das listaxes definitivas de libros adxudicados que se entregarán ao alumnado na segunda quincena do mes de setembro.

Máis información no enderezo http://www.edu.xunta.gal/portal/, e na Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros e material escolar...  (DOG no 93 do 20/05/2021).

Información COVID-19

Contrariamente ao que algún medio de comunicación informou, a día 13 de marzo NON hai alumnado positivo de COVID19 no IES de Allariz. Porén, seguimos cumprindo escrupulosamente os protocolos de seguranza, mantendo o centro coma un espazo seguro. Pregamos ás familias que continúen colaborando neste labor de concienciación dos seus fillos e fillas.

Aberto prazo solicitude de admisión para cambio de centro

SOLICITUDE DE ADMISIÓN CAMBIO DE CENTRO - 2021/2022

PRAZO: do 1 ao 22 de marzo de 2021.

Desde o día 1 e ata o 22 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión para o alumnado de ESO e de Bacharelato que desexe cambiar de centro o vindeiro curso 2021/2022.

INICIO DE CURSO 2020-2021

Co obxectivo de iniciar o curso en óptimas condicións, estivemos traballando nun protocolo de seguridade. solicitanto profesorado para facer desdobres, que nos concederon, e adoptando as medidas posibles para que neste inicio de curso toda a comunidade educativa teña unha reincorporación o máis segura posible, con especial atención ás vosas fillas e fillos. Para asegurar unha presentación graduada por mor da COVID-19, establécense os seguintes horarios para a recepción do alumnado e a benvida ao curso 2020-2021.

No caso de que se detectase sintomatoloxía compatible na casa (TOS SECA, FEBRE MAIOR A 37,5ºC, DIFICULTADE RESPIRATORIA, DIARREA, FATIGA SEVERA, DOR MUSCULAR, FALTA DE OLFATO OU FALTA DE GUSTO) polo/a alumno/a ou algún convivinte no fogar, o/a ALUMNO/A NON ACUDIRÁ ao centro e el/ela ou a súa familia contactará inmediatamente co centro de saúde de referencia do alumno/a e con algunha das persoas membros do equipo COVID no teléfono 988 788 001.

 

MÉRCORES 23 DE SETEMBRO

ALUMNADO

LUGAR

PROFESORADO

HORA



1º ESO

Entrada Porta 1. Agardan distanciados 1,5m na zona 1.

E. D. 

TITORES/AS



08:30



2º ESO

Entrada Porta 3. Agardan distanciados 1,5 m na zona 3.

E.D.

TITORES/AS



08:30



1º BACH

Entrada Porta 5. Agardan distanciados 1,5 m nas zonas 5 e 6.

E.D. 

TITORES/AS

12:00

XOVES 24 DE SETEMBRO

ALUMNADO

LUGAR

PROFESORADO

HORA



3º ESO

Entrada Porta 3. Agardan distanciados 1,5 m na zona 3.

E.D. 

TITORES/AS

08:30



2º BACH

Entrada Porta 5. Agardan distanciados 1,5 m nas zonas 5 e 6.

E.D. 

TITORES/AS

12:00

VENRES 25 DE SETEMBRO

ALUMNADO

LUGAR

PROFESORADO

HORA



4º ESO

Entrada Porta 5. Agardan distanciados 1,5 m nas zonas 5 e 6.

E.D. 

TITORES/AS

08:30

  1. O acollemento do alumnado levarase a cabo polo EQUIPO DIRECTIVO e os respectivos TITORES/AS.
  2. Indicarase a distribución dos grupos de cada nivel nas zonas indicadas, onde se lle comunicará ao alumnado o nome do seu titor/a.
  3. O titor/a conducirá ao alumnado á súa correspondente aula onde se lle entregará o horario e se informará das normas de seguridade ante a situación sanitaria.
  4. Clases a partir da presentación na ESO.
  5. 1º e 2º bacharelato comezarán as clases o día seguinte ás 08:30.
  6. As familias non poderán entrar ao centro.

Procedemento de Admisión de alumnado e prazos de matrícula

RESTABLECEMENTO DO PRAZO DE ADMISIÓN SUSPENDIDO POR MOR DO COVID-19

O día 11 de maio reábrese o prazo para presentar a solicitude de
admisión do alumnado que desexe cambiar de centro no curso 2020-21.

A solicitude realizarase PREFERENTEMENTE a través da aplicación
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ seguindo algunha das diferentes opcións que nela se indican.

Opcionalmente pode cubrir a solicitude de xeito manual, descargando o documento dispoñible na aplicación, e presentalo no centro coa documentación correspondente. O centro estará aberto para recibir estas solicitudes en horario de 9:00 a 14:00 desde o martes 12 de maio ao 18 de maio.

O prazo remata o día 18 de maio.

O día 25 de maio publicaranse as listaxes provisionais de admitidos no taboleiro do centro (edif. Bacharelato), que deberán comprobar, xa que disporán de tres días para reclamar.

O día 8 de xuño publicaranse as listaxes definitivas.

PRAZOS DE MATRÍCULA – curso 2020-2021

1. Alumnado procedente de 6º de primaria: do 1 ao 10 de xullo.
2. O resto do alumnado:

1 ao 10 de xullo: os que aprobaron todo en xullo

1 ao 10 de setembro: o resto.

Axudas Comedor

Beneficiarias das compensacións

Poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola consellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare