Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
O RíO ARNOIA
O luns 16 de abril o alumnado de 4º ESO B e C foi ao río Arnoia para facer unha análise Físico/Química e Biolóxica da auga e unha valoración da Flora da ribeira. Dita actividade pertence ao Plan Proxecta: O Monte Vivo.
- APIs de Blogue
SOLICITUDE DE BOLSAS ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS CURSO 24-25
Prazo de presentación de solicitudes ABERTO desde o 19 de marzo de 2024 ás 09:00 ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00h.
INFORMACIÓN BECAS E AXUDAS PARA ESTUDIOS
ACCESO A TRAMITACIÓN SEDE ELECTRÓNICA
- APIs de Blogue
SOLICITUDE DE ADMISIÓN -curso 2024/25- (alumnado que cambie de centro)
Prazo: do 1 ao 20 de marzo de 2024
Deberán presentar o formulario Anexo II e II-bis, dispoñible na aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal xunto coa documentación indicada no mesmo (excepcionalmente en papel no centro elixido en primeiro lugar)
- APIs de Blogue
TÍTULOS
O alumnado que superou a ESO ou o BACHARELATO no curso 2021-2022, xa pode recoller o título correspondente na secretaría do centro (ou autorizar por escrito a outra persoa)
- APIs de Blogue
Charla "Mulleres reais no mundo real"
O alumnado de 4º ESO, con motivo de conmemorar o "Día da Muller Traballadora", asistiu a unha charla con dúas mulleres emprendedoras (Noa Conde e Jessica González) que elixiron profesións vinculadas ao transporte, e que conseguiron realizar os seus soños superando moitas dificultades polo feito de ser muller.
- APIs de Blogue
Probas de acreditación das Competencias dixitais para o alumnado
O alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e o alumnado de 2º de bacharelato que desexe realizar a proba específica para conseguir a acreditación dixital solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no anexo IV da resolución e entregándoo na secretaría do centro ata do mércores 13 de marzo.
- APIs de Blogue
Mesa intersectorial contra a violencia de xénero
O IES de Allariz participou na mesa local interinstitucional contra a violencia de xénero no Fogar dos Maiores (Servizos Sociais), o mércores 6 de marzo das 18 horas ás 20.00 á que asistiu a directora.
Contamos coa presenza de persoal da área do equipo do EMUME de Ourense, onde M. Alida Iglesias Gil (xefa da unidade de Violencia sobre a Muller) e Monserrat Rodríguez Nogueiras (Garda Civil Ourense) abordaron os seguintes temas:
- Lei 1/2004, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero
- Protocolo Cero
- Situación actual da violencia de xénero na provincia de Ourense e o caso concreto de Allariz.
- APIs de Blogue
Solicitude aos sindicatos de docentes dunha folga europea contra a masacre en Gaza
FOLGA EUROPEA NO ENSINO CONTRA A MASACRE EN GAZA
Ante a masacre que está acontecendo en Gaza, profesorado do centro sente e manifesta que hai que actuar, actuar e presionar como gremio especialmente sensible á matanza de nenos e nenas, que morren pola guerra ou por inanición.
Estamos a solicitar aos sindicatos de docentes, aos que se lles supón sensiblidade humanitaria e conciencia de clase unha iniciativa coordinadora e mobilizadora con outros sindicatos do ensino, xa non só a nivel galego, senón a nivel estatal e EUROPEO para unha acción( PARO, FOLGA,...) CONXUNTA e inminente , dada a gravidade do que está a acontecer.
A pasividade noutro xenocidio pésanos demasiado e non podemos permanecer pasivos. Por favor, activismo e iniciativa dos sindicatos por unha causa que nos toca moi de perto como persoas e como docentes! Únete á iniciativa e solicita ao teu sindicato que traballe neste sentido.
- APIs de Blogue
Andaina contra a obesidade
O pasado luns, alumnado de 1º ESO participou na andaina organizada pola Consellería de Sanidade en colaboración co Concello de Allariz co gallo do Día Mundial contra a obesidade.
- APIs de Blogue
2º ESO VISITA A DOMUS E O MUNCYT
Velaquí xs temxs, acompañadxs polas/o súas/seu profes de: BioXeo, FQ e Tecno.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »