Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Mesa intersectorial contra a violencia de xénero
O IES de Allariz participou na mesa local interinstitucional contra a violencia de xénero no Fogar dos Maiores (Servizos Sociais), o mércores 6 de marzo das 18 horas ás 20.00 á que asistiu a directora.
Contamos coa presenza de persoal da área do equipo do EMUME de Ourense, onde M. Alida Iglesias Gil (xefa da unidade de Violencia sobre a Muller) e Monserrat Rodríguez Nogueiras (Garda Civil Ourense) abordaron os seguintes temas:
- Lei 1/2004, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero
- Protocolo Cero
- Situación actual da violencia de xénero na provincia de Ourense e o caso concreto de Allariz.
»
- APIs de Blogue
- Versión para imprimir