A través deste proxecto Erasmus+ (Convenio 2018-1-ES01-KA101-048069) tentaremos explorar que se está facendo en STEM noutros países (Hawaii, Bélxica, Finlandia e Italia) mediante a observación de aulas. Indagaremos nas liñas xerais de interese e buscaremos exemplos prácticos para que poidamos compartir experiencias. O noso fin último é crear unha guía de boas prácticas e unha batería de recursos de aula que poidan ser útiles a outros centros galegos.
O profesorado que integra este proxecto na Cachada é:
Ana Moreiras: coordinadora do Erasmus. Licenciada en Física de Partículas e profesora de Tecnoloxía no IESP A Cachada desde o curso 2008-09; responsable de actividades complementarias e extraescolares desde o 2012-13. Impulsora do proxecto Erasmus "Tell me about famous people" e coordinadora dos proxectos interdisciplinares Encontros Multiculturais (premio GSD Innova 2013), Amores Prohibidos 2.0 (recoñecemento Eduga de boas prácticas, 2013), seminario de audiovisual e robótica STARgal (premio innovación en dinamización lingüística 2016), a Roda do Ano (premio innovación en dinamización lingüística 2018).
Víctor Olmos: coordinador suplente do Erasmus. Doctor en Física Teórica e profesor de Matemáticas neste instituto desde o curso 2018-2019.
Flor Domínguez: licenciada en Bioloxía e xefa do departamento de Tecnoloxía no IESP A Cachada desde o curso 2010-11; coorganizadora dos proxectos STARgal e Roda do Ano e coordinadora do proxecta Reduciclando/(premio Sogama 2015). Coordinadora da participación do centro nos premios de Robótica Igaciencia, que gañamos en 4 ocasións e do Club de Ciencia no curso 2018/19.