DERRADEIRO DÍA LECTIVO · Mércores 22 de xuño
O alumnado beneficiacio do FONDO LIBROS deberá devolver o conxunto dos libros cedidos (TODOS) nas dúas primeiras horas da mañá. Explicaráselles en clase como facelo.
Lembrade que a non devolución dos libros supón a exclusión da participiación na convocatoria 22/23
NOTIFICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS · Luns 27 de xuño, ás 10h (AbalarMóbil)
Se aínda non descargaron a aplicación, cómpre facelo o antes posible para poder resolver as indidencias. IMPORTANTE!! Deben descargala dende o teléfono que facilitaron no centro.
Se non lles resulta posible, para recibir o boletín en formato papel deberán poñerse en contacto co profesorado titor e/ou chamar ao centro e informar ao personal de Administración. Poderán recollelo no centro o día 27 a partir das 12h.
PERÍODO DE RECLAMACIÓNS · Luns 27 e Martes 28 (10h-14h)
En caso de non estar dacordo con algunha das cualificacións recibidas os pasos a seguir son:
1. Poñerse en contacto co/a profesor/a correspondente para recibir aclaracións. Se non consiguen establecer ese contacto, poden chamar ao centro e intentarémolo dende aquí.
2. En caso de non estar conforme con esas aclaracións, poden encher esteimpreso para revisión da cualificación e envialo ao correo do centro (ies.acachada@edu.xunta.es).
No asunto: "A/A de Xefatura de estudos. Reclamación Nome da/o alumno/a"
A continuación, chamen ao 881.86.67.17 e soliciten que lle transfiran con Xefatura de estudos para explicar as súas circunstancias.
Tamén poden presentalo directamente no centro, solicitando falar con Xefatura de estudos.
RESOLUCIÓN DAS RECLAMACIÓNS · Mércores 29 de xuño (9h-10h)
Deben acudir ao centro neste horario. Serán recibidas en Xefatura de estudos para notificarlles a resolución do Departamento correspondente.
MATRÍCULA ORDINARIA 2022-2023 · Do 23 de xuño ao 1 de xullo
Os impresos de matrícula, así como o procedemento publicaranse nesta web do día 20 de xuño.
FONDO LIBROS 2022-2023
- Presentación de solicitudes: ata o 22 de xuño (o alumnado que repita 4º: un mes dende a matrícula )
- Devolución dos libros do curso 21/22: 22 de xuño
- Publicación de listaxes provisionais: 11 de xullo
- Reclamación ás listas provisionais: 2 días seguintes á publicación
- Publicación de listaxes definitivas: 22 de xullo
- Enmenda de erros detectados nos vales: 10 días dende que recibe o vale
- Uso dos vales: ata o 9 de abril de 2023
Reclamacións: Días 12 e 13 de xullo
En Boiro, a 17 de xuño 2022
O equipo directivo